lunes, 22 de octubre de 2007

Resurrección

-Y dijo Jesús: "Lázaro, levántate y anda". Y Lázaro se levantó, y andó.
Anduvo, gilipollas!
-Bueno, anduvo gilipollas un rato, pero luego ya se le pasó.

Hechos de los Apóstoles, 3.1416


Pois resucito este blog porque, como na vida, tamén hai cousas que xa parecían mortas pero (quizáis por estarmos no tempo do Samaín -mal chamado Halloween en determinados círculos-) de repente, cando xa un lles deu as costas, levántanse das súas tumbas como zombis dispostos a chuparche o cerebro.

Quizáis, como dicía Nietzsche, estamos condenados a andar en círculos. Pobres infelices seres insignificantes atrapados nun Universo finito, movéndose ó longo dun tempo infinito. Matemática pura: algún día, todo esto que está pasando, volverá a pasar, exactamente do mesmo xeito. É cuestión de probabilidades.

Pero... ¿realmente tiña razón Nietzsche? Igual o feito de que fose un misóxino antisocial, que morreu cego e tolo por culpa da sífile, pode afectar a súa credibilidade, non o sei. Pero creo que, se a historia se repetise demasiadas veces, o propio Universo estaría tan canso face-las mesmas cousas unha e outra vez que se autodestruiría. E se recrearía a si mesmo, igual pero distinto, incapaz de non existir, pero si de reinventarse cada vez que á Historia, erre que erre, lle dese por repetirse.

Din que a destrucción do Universo tal e como o coñecemos consistirá nunha "Gran Implosión". Que toda a materia hai nel se concentrará nun só punto, para volver, posteriormente a expandirse noutra "Gran Explosión". Pregúntome se tal vez o Universo, no seu afán de reinventarse a si mesmo, de avanzar a toda costa, de non repetirse, non se decata de que as cousas non están onde queren estar. De que ás estrelas, ós planetas, ás nebulosas, ás galaxias... non lles gusta estar sós, flotando no medio da nada. De que tal vez anhelan aquel estado primixenio onde todos eran un só. E que tal vez, aínda que se neguen a recoñecelo, a súa única meta, ó longo de miles e millóns de anos, é chegar de novo a aquela "Gran Implosión" que os volva a xuntar nun só punto, que os faga sentirse completos. E que outra vez, tal vez víctimas da súa propia natureza, se volverán separar, porque a felicidade completa só pode durar un instante entre centos de miles de millóns de anos.

Tal vez, só digo que tal vez, o Universo sexa máis humano do que pensamos.

4 comentarios:

Kimuko dijo...

Venga ya, hombre, venga ya... que filosófico te pones...
En realidad lo resucitas porque te hizo super-ilusión ser vigués, ¿a que sí? ;)

Siño dijo...

Por iso tamén :P

yaya dijo...

Jos tio Nietzsche, todo un temazo...

El mundo es redondo, por eso andamos en círculos, y de ahí el origen de las retondas.

Bett dijo...

Tardaches en volver... mira que che levou pensalo para poder chegar a tal razonamento!!
Segue disfrutando...