miércoles, 31 de enero de 2007

Nada que contar...

Sinto non actualizar máis a miúdo, pero, total, para o que hai que dicir... Mellor que o diga un que sabe máis ca min:
Hoy como ayer, mañana como hoy,
¡y siempre igual!
Un cielo gris, un horizonte eterno
y andar... andar.

Moviéndose a compás, como una estúpida
máquina, el corazón.
La torpe inteligencia del cerebro,
dormida en un rincón.

El alma, que ambiciona un paraíso,
buscándole sin fe,
fatiga sin objeto, ola que rueda
ignorando por qúe.

Voz que, incesante, con el mismo tono,
canta el mismo cantar,
gota de agua monótona que cae
y cae, sin cesar.

Así van deslizándose los días,
unos de otros en pos,
hoy lo mismo que ayer...; y todos ellos,
sin gozo ni dolor.

¡Ay, a veces me acuerdo suspirando
del antiguo sufrir!
Amargo es el dolor, ¡pero siquiera
padecer es vivir.

Bécquer

E pouco máis que contar. Periodo de exames que non está resultando moi brillante, por desgracia. Esperemos que mellore para que me permitan facer ese viaxiño que estamos preparando...

Para compensar o habitual ton sombrío, unha canción que sempre me fai sorrir: "La Lista de la Compra", de La Cabra Mecánica

martes, 16 de enero de 2007

Volver

Anque me considero máis ben de esquerdas, teño que dicir que noutros aspectos da miña vida alleos á política (haberá quen discuta que na vida non hai NADA alleo á política -non estou de acordo-) son máis ben conservador.

Si, porque está visto que os cambios non se me dan ben; e máis cando son por iniciativa miña, soen acabar en desastre. Tamén é unha cousa de sentido común: se avanzas de estado, e estás peor, o mellor será que, se podes, volvas ó de antes, porque regular sempre foi mellor que mal, e porque nesta puta vida, aínda que foda, un ten que estar disposto a asumir certos sacrificios. Incluso renunciar á pouca dignidade que che queda, incluso tragar sen auga e sen sal o pouco orgullo que, non sei de onde, conseguira reunir con máis pena que gloria. O orgullo e o amor propio son cousas que non todo o mundo se pode permitir, porque a miúdo un non ten o valor suficiente para asumir o sacrificio que comportan. E eu nunca fun precisamente un valente.

Decía Billy Crystal nunca gala dos Oscar hai un par de anos: "Hai dez anos que empecei a presentar esto. ¡Como cambiaron os tempos! Bush era presidente, o petróleo estaba polas nubes e había guerra en Irak...". A min pásame o mesmo. Diferente, pero igual. Avanzar, pero retroceder. Seguir, pero dende un punto que coñezo de sobra, un pouco por sorte, un pouco por desgracia. Pero eso é mellor que nada. Hai cousas máis importantes có amor propio. E estou contento por ter a oportunidade de valoralas como se merecen.

Resignarse a resignarse. Pasar sen pena nin gloria. Estar, pero sen molestar. Quedar na area mentres o resto se mete na auga. Pero estou contento pola praia na que estou sentado, e por saber que, cando un balón cae na area, hai alguén que sabe que estás ahí para devolvelo á auga.

Porque nada describe mellor a vida ca un tango: Volver

E por Wayne... que foi o primeiro que compartimos.

viernes, 12 de enero de 2007

Cancións chungas

Pois parece ser que hai unha nova película "La Caja Kovak", que está usando marketing viral (parece que agora, se queres molar, teste que anunciar así) para anunciarse por internet.

A historia sobre unha misteriosa canción maldita que provoca a obsesión de quen a escoita ata que acaba suicidándose non me resulta demasiado atractiva, pero si o feito de que a canción exista de verdade e realmente arrastre unha lenda negra. Os feitos son que existe unha canción composta a principios do século pasado por un autor húngaro sen demasiada trascendencia. A letra (se a traducción ó inglés é fiel), non ten desperdicio, e resulta comprensible que se relacionase cunha vaga de suicidios, o que motivou que fose prohibida no seu país de orixe, o cal, como non, contribuiu a que a súa fama atravesase as fronteiras e non tardase en aparecer a versión en inglés. A páxina que lle adica Wikipedia (en inglés) deixa claro que, se ben en España é relativamente descoñecida, non así en USA, onde se deu a coñecer coa coletilla de ser "a canción húngara dos suicidios".

Sexa como sexa, a letra é do máis "optimista". Tanto, que a Billie Holiday, autor dunha das versións máis populares, obrigárono dende a productora a engadirlle un final menos fúnebre á letra. En fin, aquí a deixo. Quen non queira morrer, que non a lea.
Despois non digades que non vos avisei. :P
Sunday is gloomy,
My hours are slumberless
Dearest the shadows
I live with are numberless
Little white flowers
Will never awaken you
Not where the black coaches
Sorrow has taken you
Angels have no thoughts
Of ever returning you
Wouldn’t they be angry
If I thought of joining you?

Gloomy sunday

Gloomy is sunday,
With shadows I spend it all
My heart and i
Have decided to end it all
Soon there’ll be candles
And prayers that are said I know
But let them not weep
Let them know that I’m glad to go
Death is no dream
For in death I’m caressin’ you
With the last breath of my soul
I’ll be blessin’ you

Gloomy sunday

martes, 9 de enero de 2007

Xogando co inglés

Mira, a vida é máis grande... máis grande ca ti. Máis que os sacrificios que terei que facer, e que a distancia nos teus ollos.

Se cadra falei de máis. Retíroo.

Estou ahí tirado, nunha esquina, como se me quedase só no medio da pista e o foco me apuntase directamente a min. Perdo a fe, tentando manterte ó meu lado, e non sei se poderei facelo.

Se cadra falei de máis.
Non, aínda non dixen abondo.

Pensei que te vira rir. Pensei que te vira cantar. Supoño que me pareceu ver que o intentabas.

En cada suspiro, en cada minuto do día, dubido de qué vou facer, sen aparta-la miña mirada de ti. Coma un pobre parvo, ferido e desorientado.

Se cadra falei de máis.
Retíroo.

Podes ver esto como unha indirecta; ou podes pensar que é o último patinazo que cometo, antes de caer de xeonllos, derrotado. ¿Qué queres que faga, se todos estes pensamentos non deixan de asaltarme?

Agora si que falei de máis.

Pensei que te vira rir. Pensei que te vira cantar. Supoño que me pareceu ver que o intentabas.

Pero só foi un soño. Intentalo, chorar... ¿para que? Só foi un soño.

Só un soño... un soño...



Agradecementos: a estes señores.