martes, 16 de enero de 2007

Volver

Anque me considero máis ben de esquerdas, teño que dicir que noutros aspectos da miña vida alleos á política (haberá quen discuta que na vida non hai NADA alleo á política -non estou de acordo-) son máis ben conservador.

Si, porque está visto que os cambios non se me dan ben; e máis cando son por iniciativa miña, soen acabar en desastre. Tamén é unha cousa de sentido común: se avanzas de estado, e estás peor, o mellor será que, se podes, volvas ó de antes, porque regular sempre foi mellor que mal, e porque nesta puta vida, aínda que foda, un ten que estar disposto a asumir certos sacrificios. Incluso renunciar á pouca dignidade que che queda, incluso tragar sen auga e sen sal o pouco orgullo que, non sei de onde, conseguira reunir con máis pena que gloria. O orgullo e o amor propio son cousas que non todo o mundo se pode permitir, porque a miúdo un non ten o valor suficiente para asumir o sacrificio que comportan. E eu nunca fun precisamente un valente.

Decía Billy Crystal nunca gala dos Oscar hai un par de anos: "Hai dez anos que empecei a presentar esto. ¡Como cambiaron os tempos! Bush era presidente, o petróleo estaba polas nubes e había guerra en Irak...". A min pásame o mesmo. Diferente, pero igual. Avanzar, pero retroceder. Seguir, pero dende un punto que coñezo de sobra, un pouco por sorte, un pouco por desgracia. Pero eso é mellor que nada. Hai cousas máis importantes có amor propio. E estou contento por ter a oportunidade de valoralas como se merecen.

Resignarse a resignarse. Pasar sen pena nin gloria. Estar, pero sen molestar. Quedar na area mentres o resto se mete na auga. Pero estou contento pola praia na que estou sentado, e por saber que, cando un balón cae na area, hai alguén que sabe que estás ahí para devolvelo á auga.

Porque nada describe mellor a vida ca un tango: Volver

E por Wayne... que foi o primeiro que compartimos.

No hay comentarios: