martes, 9 de enero de 2007

Xogando co inglés

Mira, a vida é máis grande... máis grande ca ti. Máis que os sacrificios que terei que facer, e que a distancia nos teus ollos.

Se cadra falei de máis. Retíroo.

Estou ahí tirado, nunha esquina, como se me quedase só no medio da pista e o foco me apuntase directamente a min. Perdo a fe, tentando manterte ó meu lado, e non sei se poderei facelo.

Se cadra falei de máis.
Non, aínda non dixen abondo.

Pensei que te vira rir. Pensei que te vira cantar. Supoño que me pareceu ver que o intentabas.

En cada suspiro, en cada minuto do día, dubido de qué vou facer, sen aparta-la miña mirada de ti. Coma un pobre parvo, ferido e desorientado.

Se cadra falei de máis.
Retíroo.

Podes ver esto como unha indirecta; ou podes pensar que é o último patinazo que cometo, antes de caer de xeonllos, derrotado. ¿Qué queres que faga, se todos estes pensamentos non deixan de asaltarme?

Agora si que falei de máis.

Pensei que te vira rir. Pensei que te vira cantar. Supoño que me pareceu ver que o intentabas.

Pero só foi un soño. Intentalo, chorar... ¿para que? Só foi un soño.

Só un soño... un soño...



Agradecementos: a estes señores.

1 comentario:

yaya dijo...

¿Por qué todos los tios deprimentes escuchan REM?

Sin acritud :P

Cambia de música xD