sábado, 10 de febrero de 2007

Porque sí

Porque si, porque si, porque si... Porque o dicían os Rodríguez e, para min, o que digan os Rodríguez vai a misa, estamos? :P

Porque si. Porque me encanta que se cumpla iso que sempre di meu pai: "Deixa que o mundo vire". O mundo vira e o tempo pon as cousas no seu sitio, nin máis nin menos. Si señor. Viva o mundo.

Porque si. Porque a pesar de todo, a pesar do que ti creas que me debes, eu déboche moito máis. Déboche o sentirme valorado por alguén a quen valoro. Déboche o sentir que son algo máis que un máis. Déboche o ver en min moito máis do que eu son capaz de ver.

Porque si. Por non rebaixarme á altura de quen pretende manipularme e por non caer na solución máis fácil (e, por outro lado, máis merecida).

Porque si. Porque a ti tamén te aprezo e me caías ben (ata esta noite). Porque ti mesmo te fixeches a cama sen necesidade. Porque o alcol non é excusa. Porque se les esto saibas que non che gardo rencor, aínda que non o creas, pero creo que deberías de ser sincero contigo mesmo e non menosprezar ós que non coñeces. Porque non se me escapa que me sigues tildando de subnormal. Porque sei que non tratas de ocultalo tampouco, e estás no teu dereito. Porque eu non opino o mesmo de ti, pero modestamente opino deberías descargar a túa frustración doutra maneira, ou alomenos recoñecela primeiro. Mentirse a un mesmo non serve de nada, creme.

Porque si. Porque a pesar de que calquera rocha parece facer augas todo esto, no fondo non houbo arrecife que o afundise, nin sequera aqueles ós que nós mesmos puxemos rumbo. Porque non hai mentira que abra unha brecha, aínda que te empeñes (si, esta púxena a dolor). Porque non importa o rumbo que tomes, sempre haberá alguén que che axude a levar o temón.

Porque si. Porque os borrachos nunca minten. Porque vale a pena un sorriso, aínda que sexa despois de enxugar unha bágoa.

Porque me apetece, e punto.


Polos Piratas e por ese momento no Churruca. Para ti non sería nada pero eu tardarei en esquecelo.


P.D: Para María tamén, que, igual que con Lidia, creo que empecei con mal pé (anque ela igual nin o sabe). Polas segundas impresións!!! :D
P.D.2: Para os que, querendo ou sen querelo, alimentaron esta noite o meu apetito de cotilleos.
Para Shere, que a vin cinco minutos, pero qué feliz estabas, coño!!
P.D.3: Para Jorge, ó que non puiden felicitar en persoa. Por moitos anos!!!

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Asiaaaas

yaya dijo...

xD un post de borracho, no? Mola, hace tiempo que no hagoo ninguno xD. Shere estaba muy contenta ayer, sí xD.

Kimuko dijo...

Sí, Shere estaba menos contenta que Kerynha pero, por supuesto, lo llevaba mucho mejor XDDDD

Rubenciño, mándoche un bico porque sí ;)

Unknown dijo...

Di que si.
Que ás veces ós borrachos váisenos a olla...(a min foiseme, ti o sabes...) xDDDD. Non é escusa...pero algo axuda :P:P
Bicos ( e que paciencia o venres,rapaz...)

Arya dijo...

Non sei que decir que non saibas xa...

El mundo de wayne molou, como sempre xDDD