viernes, 18 de mayo de 2007

Melancolía

Como unha ferida aberta que non se quere pechar,
así me does.

Apareciches de repente, un día, sen avisar
como cando ó coller unha folla de papel,
o borde afiado, traidor, atravesa a túa pel coma un coitelo,
ou cando te picas cunha espiña, querendo coller unha rosa,
ou tentando probar as primeiras amoras do verán.
Unha ferida pequena e inofensiva, á que non lle das importancia.
Instintivamente, levas a man á boca, e sintes o doce sabor do sangue.
Sintes un pracer case perverso ó probalo, pero pensas:
"Só é unha pinga", e esquécelo; e a ferida pecha.
Pero outras non o fan.
E ti seguiches aberta, manando cada vez máis.
E case sen decatarme, atravesoute a última pinga
mentres eu seguía embriagado co sabor da primeira.
Mais aínda entón non foi abondo,
e sangraches todo o que eu era, o que eu tiña,
tódalas bágoas que non chorei,
as palabras que non ousei dicir,
o orgullo que nunca souben ter,
a alegría que rara vez gocei,
mesmo, se algunha vez a tiven,
a miña alma.
E cando xa nada quedaba por saír,
cando eu xa só era unha casca baleira
que sorría estupidamente, como un boneco de trapo,
ollando cara a ningures, mirando sen ver,
ti, ferida cruel, seguías ahí,
sangrando Nada, toda a Nada que tiña dentro.
Unha Nada xorda e fría,
unha Nada escura que absorbe todo o que toca
e o fai desaparecer para sempre.
Un baleiro infindo cheo de escuridade.
Un triste recordo do que algún día foi e xa non é.
Pero, ¡que ironía!, agora, despois de todo,
cando xa non son un "son" nin son un "eu",
cando non teño case nin voz propia,
ti segues aí, enraizada ata a médula
de non se sabe que, non se sabe onde.
Non se sabe como.
Ó cabo xa non es, como tódalas feridas
algo espúreo, ó que o corpo fai desaparecer.
Para mal ou para ben (¿quen sabe?)
formas parte do meu non-ser.
Es, no medio desa nada omnipresente, o único que é.
E aínda que xa o fixen en vida,
cando chegue o día que deixes de doerme
(a pesares de que hai tempo que a dor se perdeu
nesta escuridade que todo o invade),
e te peches e cicatrices, e xa non sangres máis,
ese día

morrerei.

7 comentarios:

yaya dijo...

¡Qué bien escribes!

Estooo... deberíamos hablar más

Siño dijo...

¡Gracias!

Estooo... cando ti queiras
xD

Just me dijo...

Si que escribes bien sí ^_^

Y menos mal que te tengo en el reader porque si no a estas alturas de tu silencio no creo que me diese por acercarme puntualmente a beber de tus palabras.

Tenemos que hacer algo con esa oscuridad mmmm ¿te regalamos una bombilla? :*

yaya dijo...

Una bombilla de colores

Cris dijo...

que sensible... sublime!

Kimuko dijo...

Vale! de que color?

Anónimo dijo...

Sólo decirte que te kiero muxooooooooooooooooooooooooooooooo mi siñito =D