sábado, 9 de diciembre de 2006

A historia dun pozo

Ela chegou á beira dun pozo. Escoitou a súa voz por casualidade, e falaron. Falaron durante horas. Durante días. Durante meses. Ó cabo, ela formaba parte del, e el dela. Só que ela non o vía a el.

Un día, ela tropezou e caeu no pozo. O golpe foi terrible, e ela pensou que aquelo era o final. Pero cando ela tocou fondo, alí estaba el. Caera facía moito tempo, e anque intentou saír moitas veces, non foi capaz. Así que seguiu vivindo no fondo do pozo, ata que ela o atopou.

El axudoulle a cura-las feridas, anque ela era forte e pronto se recuperou. Entretanto, falaron e falaron como soían facer, pero mirándose ós ollos, como non podían facelo antes. El desexou que ela se quedase alí con el, falando e falando para sempre.

Pero, pobre inocente, estaba enganado. Alguén lanzou unha corda dende arriba, e ela aferrouse con tódalas súas forzas. Mentres subía, ela ollábao, facéndose cada vez máis pequeno, perdéndose na escuridade. Chegou un momento en que el se fixo tan pequeno que a claridade xa non lle deixou velo, e volveu a súa mirada cara o mundo exterior, a onde pertencía.

El, impotente, observou en silencio como a súa única compaña, a súa alma xemelga, marchaba. Non podía deixar de mirar aqueles ollos, cómplices de tantos momentos, alonxarse da negrura e perderse no mar de claridade que entraba pola boca do pozo.

Mirou aqueles ollos ata que se viraron cara a cegadora claridade do exterior, e volveu a súa vista ó chan, ó fondo daquel pozo de onde nunca puido saír, preguntándose se, como a ela, tamén habería alguén na superficie que, algún día, lle lanzase unha corda para poder saír.

Porque dalgún xeito soubo que, a pesar de tódolos momentos que pasaron xuntos, ela non lle ía lanzar ningunha.

5 comentarios:

danips dijo...

Pois eu creo que a que caeu no pozo foi ela, entón él meteuse para axudala a gabear e conseguir sair antes.
Entón cando sairon os dous, el esperaba algo a cambio, algo máis que un grazas ou a satisfación de axudar.

Siño dijo...

Pódoche asegurar que cando ela caeu el xa estaba dentro; que ela non saiu coa axuda del e que, desde logo, el segue no pozo.
Ademáis, a historia cóntoa eu, non hai lugar para cambios :PP
(Pero gracias por comentar xD)

danips dijo...

do pozo da droja é complicado sair :P

tila dijo...

Te levantas e unha vez máis xa non está. E pensas. Pensas nas noites en vela, nas conversas etereas e nas profundas. En tantos sentimentos, ilusións e medos confesados a soledad do teu cuarto.
Pensas en todo o que pasou, nos erros e nos acertos. Pensas nos sentimentos, nos propios e nos alleos.
Pode que esteas sorprendida, quiza enfazada, pero o que seguro que estás é cansada.Cansada de tanto xogo, cansada de sempre ter algo que amañar, cansada de ter que escoitar estupidas historias sobre o que pasou, cando o que as conta non ten tanta información.
O que realmente pasou e que non lle compensou. Máis dun ano de longas conversas para que non sexa capaz de mirarte. Todo porque te equivocaches, erraches. Todo porque por unha milesima de segundo, todo pareceu distinto: un espellismo.

Creo que alguén necesita definir amistad.

Todo cambia, las mareas, las nubes, la luna, los vientos. Cuando todo da un vuelco, solo quedas tu y tus miedos.

Unknown dijo...

La cara es el espejo del alma