martes, 12 de diciembre de 2006

Pido perdón...

... porque sempre chego tarde a todas partes.
... por facerme o remolón en calquera momento e ocasión.
... por non facer a cama día si, día tamén.
... por non saber impoñerme cando é necesario.
... por non ser constante e levar as cousas ata o final.
... por non dicirlles máis a miúdo á xente que quero que os quero.
... por non ser consciente das miñas limitacións.
... por pretender ser alguén que non son.
... por ocultar o que sinto a quen confía en min.
... por faltar á miña palabra.
... por todas esas fallas que non por pasarme inadvertidas valen menos cás outras.

E o máis importante...
... por non estar a altura que un amigo espera de min,
e o que é peor...
...por non saber estar á altura do que eu mesmo esperaba de min.

Creo que desto último nunca me desculparei o suficiente.

3 comentarios:

yaya dijo...

Me ha gustado la idea. Creo que te voy a copiar con mi toqyue personal.

yaya dijo...

Mira otra cosa, lo de no hacer la cama todos los días me parece imperdonable

Siño dijo...

:D :D